Novas
XI Noite da Luz de Sedes |
| Publicado por Administrador (admin) el 09/12/2011 |
O Grupo de Traballo de Sedes, en colaboración co Padroado de Cultura do Concello de Narón, celebrará a partires de mañá a XI Noite da Luz de Sedes. Nesta ocasión o programa amplíase cun ciclo de actividades que se desenvolverán os días 10, 13 e 17 de decembro, e que ademáis da tradicional subida ó Monte Esperón cos 13 fachos de luz (un por cada unha das parroquias e barrios do municipio) inclúe tamén debates e actividades musicais.
O programa de actos transcorrerá do seguinte xeito:
Sábado 10 de decembro (Centro cívico-social de Sedes)
19:00 horas: Presentación do boletín do Grupo de Traballo “Sedes Informa 6”.
19:10 horas: Presentación polo grupo “Misturas de Sedes” da obra de teatro “O Velorio de Norindo Honorio”.
20:00 horas: Audición de música polifónica a cargo da “Coral de Neda”.
Martes 13 de decembro (Centro cívico-social de Sedes)
19:00 horas: Tertulia do Ateneo Aldeano: “O patrimonio de Sedes”.
Sábado 17 de decembro (Recinto Feiral do Trece-Sedes)
9:30 a 14:00 horas: Foro Galiciano de asociacións rurais (participarán perto de 20 asociacións das catro provincias galegas, para debatir sobre a Lei de Desenvolvemento Rural, a creación dun circuito cultural de eventos rurais, e a constitución dunha rede de asociacións rurais).
16:00 horas: Foro de Asociacións de Festas Históricas (coa participacións de asociacións da provincia, e de Lugo, Ourense e Madrid).
18:00 horas: Concentración na Feira do Trece.
18:30 horas: Saída da comitiva da luz cara ó Monte Esperón.
18:45 horas: Prendido dos 13 fachos xigantes do Monte Esperón (12 fachos de 2,5 metros de altura dispostos de xeito circular e un de 5, sita no centro do círculo como símbolo das trece parroquias do Concello e do seu compromiso coa defensa do noso patrimonio).
19:15 horas: Cerimonia do caldo limpo.
19:45 horas: Pequena representación teatral da noite máxica.
20:00 horas: Tertulia da veciñanza e audición musical.
Ultimo cambio: 09/12/2011 a las 18:06:08
Volver





