Español   English 
Séguenos nas redes: Seguenos no Facebook  Seguenos no Twitter  Siguenos no YouTube  Seguenos no Tuenti    |   Rueiro de Narón  Folletos de Narón  O tempo en Narón 

Novas

Premiados do II Concurso de Fotografía ‘Concello de Narón’

Publicado por Administrador (admin) el 05/12/2011
Novas >>

O II Concurso de Fotografía ‘Cidade de Narón’ ten xa gañadores. O xurado ven de resolver os nomes dos tres primeiros clasificados, que obterán un premio económico de 600€, 300€ e 150€ respectivamente.

Así, a fotografía gañadora é propiedade de Guillermo de Castro Togores (de Ferrol), quen presentou unha instantánea da ponte peatonal do paseo marítimo de Xuvia, ó anoitecer. O segundo premio foi para Mª del Carmen Rodríguez Fernández (de Ferrol) cunha imaxe do Concello vista dente a Praza de Galicia. E o terceiro posto recaeu en Mª Fernanda Gómez Pernas (de Castro, Narón) por unha fotografía da escultura da rotonda de Freixeiro, na que están representadas tódalas parroquias do municipio.

O número total de participantes nesta convocatoria foi de 61 persoas, que presentaron un total de 172 instantáneas. As fotografías pódense ver na páxina da Concellería de Turismo de Narón (www.turnaron.es)

A entrega de premios terá lugar no Concello o día 15 de decembro, ás 12:00 horas.

A Concelleira de Turismo de Narón, Mª del Mar Gómez, agradeceu a tódolos concursantes a súa participación e destacou a calidade das fotografías feitas especialmente para este certame.

O xurado estivo formado por representantes políticos municipais, actuando como asesor un fotógrafo profesional. Os membros do xurado foron os seguntes: Mª del Carmen Espada (Concelleira coordinadora do Servizo Sociocomunitario -actuou como presidenta do xurado-), Mª del Mar Gómez (Concelleira de Turismo), Catalina García (Concelleira de Acción Social e Participación Cidadá), Teresa Sabio (Concelleira de Promoción Social e Igualdade), Miguel de Santiago (concelleiro do Partido Popular) e Mª José Rodríguez Porto (concelleira de Converxencia Galega).
 

Ultimo cambio: 09/12/2011 a las 18:04:59

Volver