Español   English 
Séguenos nas redes: Seguenos no Facebook  Seguenos no Twitter  Siguenos no YouTube  Seguenos no Tuenti    |   Rueiro de Narón  Folletos de Narón  O tempo en Narón 

Novas

Nova edición do Samaín o vindeiro luns 31 de outubro

Publicado por Administrador (admin) el 26/10/2011
Novas >>

O Centro Cívico e Social de San Mateo acollerá o vindeiro 31 de outubro ás 18:00 horas unha nova edición do programa Samaín, organizado polo Padroado de Cultura do Concello de Narón en colaboración coa Agrupación Veciñal de San Mateo de Trasancos.

O programa de actos inclúe as seguintes actividades:

A partires das 18:00 horas:

-Exposición de Cabazas (mostraránse os traballos realizados polos escolares de Educación Primaria de Narón)

-Obradoiro de Cabazas e Maquillaxe (obradoiro en vivo de realización das cabazas para que tódolos nenos e adultos coñezan o xeito de realizar e decorar unha cabaza do Samaín).

A partires das 20:00 horas:

-Obradoiro do medo (se realizará un pequeño pasaxe de medo no edificio da Escola de San Mateo)

-Contos do Samaín (este ano están a cargo da compañía de Teatro Os Quinquilláns, que interpretarán un “Apropósito”, peza teatral realizada especialmente para esta ocasión).

-Comitiva de Luces e Tebras (realizarase un pequeño percorrido pola parroquia, coa finalidade da súa visibilización e de facer partícipe ó resto dos veciños/as de San Mateo. Participarán tamén os membros da compañía Os Quinquilláns).

A partires das 21:00 horas:

-Actuación de música tradicional (a cargo dos grupos de música tradicional do Padroado da Cultura).

Ademáis, a agrupación veciñal de San Mateo de Trasancos convidará a tódolos asistentes ó Samaín a unha cunca de caldo.
 

Ultimo cambio: 26/10/2011 a las 18:06:11

Volver