Español   English 
Séguenos nas redes: Seguenos no Facebook  Seguenos no Twitter  Siguenos no YouTube  Seguenos no Tuenti    |   Rueiro de Narón  Folletos de Narón  O tempo en Narón 

Novas

Festa de Fin de Anona Praza de galicia

Publicado por Administrador (admin) el 30/12/2011
Novas >>

A Concellería de Festas do Concello de Narón, dirixida polo edil Guillermo Sánchez Fojo, está a ultimar os detalles da tradicional Festa de Fin de Ano, que se celebrará a noite do 31 de decembro nunha carpa climatizada instalada na Praza de Galicia.

A festa, con entrada é libre e gratuita, inclúe a actuación das orquestas Xente Nova e Agua Azul, e ó finalizar (sobre as 7:00 horas) servirase o tradicional chocolate. A organización estableceu dos zonas diferenciadas neste recinto: unha adicada ó baile, e outra con mesas e sillas para aqueles que desexen estar máis cómodos. Ademáis, haberá servizo de ropeiro gratuito.

Por outra banda, a Concelleira de Mocidade de Narón, Natalia Hermida, fixo un chamamento público á responsabilidade de todos aqueles mozos e mozas que vaian a festexar o novo ano fora das súas casas. A edil pediu prudencia á hora de acudir ás numerosas festas que se van a celebrar por toda a comarca, suxerindo ós pais que se aseguren de que os seus fillos e fillas acuden a festas que cumpren tódolos requisitos de legalidade e seguridade.
 

Ultimo cambio: 30/12/2011 a las 19:20:25

Volver