Español   English 
Séguenos nas redes: Seguenos no Facebook  Seguenos no Twitter  Siguenos no YouTube  Seguenos no Tuenti    |   Rueiro de Narón  Folletos de Narón  O tempo en Narón 

Novas

Exposición de pintura na biblioteca

Publicado por Administrador (admin) el 25/11/2011
Novas >>

A Biblioteca Municipal do Alto acolle, dende hoxe e ata o vindeiro dia 10 de decembro, unha exposición de pintura da artista naronesa Ana Vigo. Trátase dunha serie de 9 láminas enmarcadas e realizadas coa técnica do carboncillo, grafo e pluma de secuencias de retratos e paisaxes, así como viñetas e visións de esculturas e pinturas doutros artistas.

Esta mostra está enmarcada dentro do programa Biblioespazo 3, da Concellería de Ensino de Narón, dirixida pola edil Mª del Carmen Espada. Forma parte da acción denominada “ExpresARTE”, que utiliza a biblioteca municipal como plataforma de lanzamento de artistas locais.

Ademáis de exposicións temáticas, o programa ExpresARTE inclúe unha serie de audicións musicais (selección de música local que poderá ser escoitada nas salas de lectura da Biblioteca), un fondo local (selección de libros, revistas, publicacións, cartelería e folletos) e un foro literario (charlas con autores) que se irán celebrando nos vindeiros meses.
 

Ultimo cambio: 25/11/2011 a las 13:34:14

Volver