Español   English 
Séguenos nas redes: Seguenos no Facebook  Seguenos no Twitter  Siguenos no YouTube  Seguenos no Tuenti    |   Rueiro de Narón  Folletos de Narón  O tempo en Narón 

Novas

Depornadal do 26 ó 30 de decembro

Publicado por Administrador (admin) el 09/12/2011
Novas >>

A Concellería de Deporte de Narón, dirixida pola edil Natalia Hermida, ven de presentar o programa de ocio deportivo Depornadal 2011, dirixido a nenos/as de 6 a 12 anos. Segundo explicou a edil, trátase dunha alternativa de ocio cunha doble vertiente. “Queremos fomentar a práctica do deporte ofrecendo unha alternativa divertida, e saudable ós nenos/as en idade idade escolar, e tamén facilitar a conciliación familiar durante estas datas nas que os nenos teñen vacacións”, declarou Natalia Hermida.

Así, o programa municipal Depornadal terá lugar do 26 ó 30 de decembro, no polideportivo de A Gándara, na Casa da Mocidade, no Centro de Padel San Mateo, e na School Padel Center, está dirixida ós empadroados en Narón, e ten carácter gratuito. Durante esa semana, os nenos/as poderán participar na seguinte oferta de actividades deportivas: Futbol Sala, Baloncesto, Natación, Balonmán, Padel, Judo, Tiro con arco, Voleibol, e Tenis de Mesa.

O prazo de inscrición para participar en Depornadal 2011 será do 12 ó 20 de decembro, no Complexo Polideportivo da Gándara (de 9:00 a 13:00 horas nas Oficinas, e de 15:15 a 23:00 horas na Conserxería). Os interesados deberán cubrir unha ficha de inscrición que se lles entregará no propio Complexo Polideportivo. Para calqueira consulta relacionada con este programa, poden chamar ó teléfono 981 38 75 22 ou ben por correo electrónico no p(dot)deportes(at)naron(dot)es

Se impartirán dúas actividades deportivas distintas por día, cada unha de 90 minutos de duración.O Concello organizará os grupos e as actividades en función do número de inscritos, e comunicará esta información a través da páxina web do Concello (no enlace Padroado de Deportes) e nos taboleiros de anuncios dos pavillóns municipais.

Os requisitos para participar na actividade de natación son saber nadar e traer bañador, chanclas e gorro. Para o resto de actividades tan só precísase traer roupa axeitada para a práctica deportiva (tenis, chandal, etc.).O Concello agradeceu a colaboración dos seguintes clubes deportivos: Club Cidade de Narón, Club Arco Narón, A.D. Nautico Narón, Club Narón Volela, Club Tenis de Mesa Narón, School Padel Center, San Mateo Centro de Padel, e A.D. Santiago Apóstol.

 

Ultimo cambio: 09/12/2011 a las 18:03:30

Volver