Español   English 
Séguenos nas redes: Seguenos no Facebook  Seguenos no Twitter  Siguenos no YouTube  Seguenos no Tuenti    |   Rueiro de Narón  Folletos de Narón  O tempo en Narón 

Novas

A Biblioteca Municipal acolle dende hoxe a exposición fotográfica “Nicaragua: unha realidade viva”

Publicado por Administrador (admin) el 24/10/2011
Novas >>

A biblioteca municipal de Narón acolle dende hoxe a exposición fotográfica “Nicaragua: unha realidade viva”, composta por 54 fotografías que reflexan a cultura e a sociedade nicaraguense. As instantáneas foron realizadas polo fotógrafo Eduardo Castro Rodríguez, e forman parte do proxecto de cooperación realizado neste país pola ONG Solidariedade Galega. Esta exposición itinerante está a percorrer Galicia baixo a coordinación do Fondo Galego para a Cooperación e a Solidariedade, e chega a Narón dentro do programa Biblioespazo 3, da Concellería de Educación, dirixida pola edil Mª del Carmen Espada.

Poderá visitarse nas salas de lectura da Biblioteca, en horario de mañá e tarde, ata o vindeiro 31 de outubro. A mostra divídese en tres bloques distintos: primeiro bloque céntrase nas actividades realizadas en Nicaragua pola ONG, o segundo na problemática sanitaria e social dos buzos da localidade de Puerto Cabezas, e xa no último céntrase na cultura e a sociedade nicaraguense.


Por medio deste percorrido, no que se entremezcla o traballo realizado coa expresión artística fotográfica, coñecerase a realidade e a situación que se está a vivir neste país.
 

Ultimo cambio: 24/10/2011 a las 15:59:22

Volver