Español   English 
Séguenos nas redes: Seguenos no Facebook  Seguenos no Twitter  Siguenos no YouTube  Seguenos no Tuenti    |   Rueiro de Narón  Folletos de Narón  O tempo en Narón 

Novas

9º Encontro da Mocidade de Narón

Publicado por Administrador (admin) el 27/05/2011
Novas >>

Uns 200 rapaces e rapazas participarán o próximo 4 de xuño no 9º Encontro da Mocidade de Narón, que se celebrará na Casa da Mocidade, o pavillón e skatepark.

Dirixido a mozas/os dende os 14 anos ata os 30 anos, especialmente para os que estean entre os 16 e 23 anos, o encontro é unha estratexia para desenvolver actividades en común e crear espazos para o debate e a comunicación entre a mocidade que permitan xerar estruturas organizativas: ben de novas asociacións ou de grupos organizados por intereses comúns.

Na xuntanza compartirán afeccións e cun eixo argumental proposto previamente realizarán distintas actividades de grafitti,música, patinaxe, obradoiros,novas tecnoloxías etc.

O encontro articúlase en torno as accións de:
a) Kedada de Graffiti
b) Actuacións musicais de combos da Escola de música moderna
c) Obradoiro de confección e makeado de camisetas
d) Obradoiro de “ Reanimation” ( montaxe de PCs) e de Redes (conexión a redes)
e) Obradoiro de tenis de mesa
f) Obradoiro de técnicas de ligue
g) Obradoiro “ Feito por Nós” (manualidades)
h) Obradoiro de tiro con arco
i) Kedada de patinaxe (con máis de 40 participantes de toda a provincia)
j) Actuación do grupo Brio de baile moderno
k) Obradoiro de emprego a través das novas tecnoloxías
l) Actuación musical do grupo “ Cantar e divertirse Xuntos”
 

Ultimo cambio: 27/05/2011 a las 16:29:30

Volver