Narón Turismo

Portal de información turística do Concello de Narón.

descargar ruta

A cultura e a tradición únense de novo no percorrido polas xoias da arquitectura que nos ofrece o municipio. Partimos da igrexa de San Martiño de Xuvia representativa do románico, aínda que a súa fachada románica foi sustituida máis adiante por unha barroca, desaparecendo por completo a orixinal de estilo románico. Ten planta basilical de tres naves. Tres ábsides semicirculares amparan as tres capillas absidiales cun arco de entrada tendente a ferradura. Nos capiteles aparecen extrañas figuras de mosntruos, cabezas de animais, alegorías e adornos vexetais. Aínda que a sua fachada e a torre datan do século XVIII, a sua construcción remóntase varios séculos atrás ata o XII.
Especial mención merece o Mosteiro xunto o que se encontra a igrexa, por ser unha das construcción máis emblemáticas da comarca e por estar declarado Monumento Artístico Nacional polo Ministerio de Cultura. Pertencente á orde de Cluny, este mosteiro aparece xa en documentos do século X pero o certo é que non se coñece a sua orixe, de este xeito faremos referencia ó século XVII por sela data da sua construcción actual.

Saímos do Couto para dirixirnos a Castro, subindo cara A Picota, a pista levaranos á Estrada de Castela, vía principal do municipio, tomaremos o desvío pola Estrada de Cedeira AC-566 que atoparemos en cuestión de 3 Km. a man dereita. En Castro visitaremos a Igrexa de Santa María, catalogada como templo medieval a pesares de que as suas remodelación parecen ser dos séculos XVII e XVIII. O seu cruceiro atópase medio derruido polo paso do tempo.

A nosa seguinte parada será a Capela de Santa Margarida, para atopala dirixirémonos ao Val, estrada C-646 Ferrol-Valdoviño. De camiño veremos dous exemplos que forman parte da riqueza arquitectónica que nos regalou a época celta, a Igrexa de San Mateo de Trasancos e a Igrexa de Santa María a Maior do Val. A Capela de Santa Margarida é unha das máis antigas do municipio, este templo de estilo gótico ten unha característica portada con arco conopial, distinguimos nela a figura dun xabalí símbolo dos señores de Andrade. Frente á capela, as imaxes de Cristo e Santa Margarida están talladas nun cruceiro de pedra.

De retorno á estrada de Valdoviño C-646 a poucos metros está indicado o desvío a man esquerda, que nos levará ao Convento de Baltar, adosada ó cal unha moderna capela cun campanario, escalinata e un retablo neobarroco no interior.

De Valdoviño cruzamos a Sedes a través da estrada de A Carreira para visitala igrexa de San Estebo cuxa fachada e torre se perfilan co estilo barroco, sobrio e elegante. Neste caso encontramos o cruceiro levantado no atrio. Sedes alberga a popular Feira do Trece emprazamento da recreación celta cada ano a finais do mes de xullo, co Oenach Atlántico que inclue mercado celta e representacións teatrais nocturnas no Castro. Alí atópase a Capela de Santa Lucía relacioada quizáis cun antigo culto á luz, de aí a orixe do nome do lugar en relación á festividade que se celebra o trece de decembro, día de Santa Lucía cando mengua a noite e crece o día.

Abandoamos Sedes pola AC-112 e desviándonos en Vilallonte atópase a capela de San Vicente de Placente, aínda que restaurada posteriormente cun aspecto moito máis moderno, documentos demóstrannos que xa existía no século XVI. Ten ademáis un pequeno cruceiro na parcela do campo que acompaña ó conxunto.

Retomamos andares cara Pedroso, estrada de San Sadurniño AC-112 ata Nosa Señora da O, homenaxeada polos seus devotos a segunda fin de semana de maio, como agradecemento por propiciar as choivas en épocas de sequío, era paseada en romaría.
No centro de Pedroso unha igrexa máis moderna evoca o antigo mosteiro medieval cunha serie de lápidas na porta principal. Outro caso en que o cruceiro, feito en pedra serpentina, atópase no interior do templo, situado no atrio.

De regreso o centro de Narón aínda nos esperan varias paradas obrigadas, tomaremos a estrada C-641 Ortigueira-Ferrol para ver a Igrexa de San Lourenzo de Doso aínda que bastante deteriorada polo paso do tempo, o seu encanto reside na bóveda de cañón e a torre do seu campanario de estilo rural, créense orixinais do século XVI. San Xiao de Narón tamén posue unha encantadora igrexa parroquial e despois de situarnos nóvamente na Estrada de Castela, no número 954 visitaremos para rematar, Santa Rita de Xuvia de estilo ecléctico. A sua fachada principal remata en duas torres campanario, un arco de medio punto encadra a porta principal con decoración no tímpano. Ten unha pranta rectangular dividida por arcos faxóns formando bóveda de canón.