Narón Turismo

Portal de información turística do Concello de Narón.

descargar ruta

mapa da ruta

Da riqueza da cultura galega recuperamos a tradición dos nosos antepasados celtas, a través dos vestixios que hoxe se conservan daqueles asentamentos fortificados, podemos imaxinarnos a vida da época, así pois comenzamos a ruta polos castros de Narón.

Partimos do Mosteiro de O Couto en dirección a A Picota, camiñando monte arriba, a perspectiva permitiranos apreciar os fosos do Castro do Petouzal de ata 5 m. de profundidade e cuxos muros defensivos alcanzan os 10 m. de altura.

Tras baixar ao Muiño das Aceas, o noso seguinte destino é o Castro de Sequeiro, cuxas dimensións ocupan 140-120 m. de exes, incluindo un antecastro onde crece un prado. Conta a lenda a cerca deste castro, que ó parecer podería estar comunicado co Pazo dos Mouros en Pena Ferreira a través de túneles submariños.

A continuación deberemos tomala estrada dos Vicas, onde tamén encontramos un castro de forma ovoidal cunha dimensión de aproximadamente 100 m. de exe maior. Moi cerca ubícase o Castro da Revolta de menor tamaño e prácticamente cuberto pola vexetación.

Seguimos a estrada ata chegar a Sedes, nesta parroquia atópase o Castro de Eiravedra, sen dúbida destaca entre os demáis tanto pola sua situación privilexiada como pola sua conservación. Nace neste castro unha bonita lenda a cerca dunha apaixoada historia de amor á que o pai da rapaza se opoñía, éste ameazou con feitizala se continuaba esa relación e cumprindo a sua palabra, ela viuse transformada nunha horrible cobra, só cun bico do seu amado lograría romper o feitizo pero trala dilación, finalmente triunfou o amor. Para dar co seu emprazamento fixarémonos nos indicadores que pista tras pista adentránnos na natureza no seu estado máis puro. As dimensións deste castro alcanzan os 130 m. no seu circuito interior amurallado e 140 no exterior con marcado terraplén, nel poderemos observar restos das paredes das típicas pallozas de pedra que nos seus oríxenes estaban cubertas dun tellado cónico elaborado con palla de centeo, estas vivendas circulares eran o refuxio perfecto nos crus invernos.

Vindeira parada, Pedroso, para chegar deberemos tomala dirección San Sadurniño pola estrada AC-112, alí encontramos o Castro de Pereiruga menos definido que os anteriores, sitúase pegado ao Monte dos Nenos. Moi cerca temos a oportunidade de coñecer o auténtico estilo de casas rurais no lugar de Pereiruga de Abaixo.

Continuamos en Pedroso e a nosa derradeira parada, Castro da Ermida, situado ao sur do lugar de Mosteiro. A sua demarcación é case inapreciable na actualidade pero aproveitarémolo paso para visitar a ermida da Virxe da O, antigamente sacaban a Virxe en procesión nos tempos de sequía para conseguir que chovese e de aí mantense hoxe unha romaría popular o segundo domingo de maio.