Narón Turismo

Portal de información turística do Concello de Narón.

descargar ruta

mapa ruta

Comenzamos a ruta na Ponte das Cabras, ó longo da Estrada de Castela, en primeiro lugar encontrámonos co antigo colexio de Nosa Señora de Chamorro situado no número 60, cuxo edificio histórico de estilo rexionalista data de 1931, a súa elegante fachada consta dun pórtico de columnas, unha balconada e un torreón aclépticos. A poucos metros a man esquerda encontrase a casona do militar Mckinlay, a denominada Vila Consuelo ten un semisótano, duas prantas e baixo cuberta.

Seguimos avanzando e na zona do  Outo do Castiñeiro, a mesma praza onde se atopa o concello é o emprazamento do Chalet de Antón acomodado como Casa da Cultura.

Continuamos pola Estrada de Castela ata Piñeiros e alí podemos vela Casa de Pedra de Grao. Máis adiente vamos a descubrir un grupo de casonas de labranza que conservan o enreixado de ferro fundido do Pazo de Casal, xa desaparecido. A Torre é a seguinte casa que atopamos nesta ruta, o seu torreón almenado e as súas galerías marinas recordannos ós pazos señorais

Na parroquia de Xuvia duas casas máis se suman á lista, son a de Freire e a de Román, a cal foi construida a finais do século XIX e o seu estilo arquitectónico representa o románico francés.

A partir deste punto as distancias entre as singulares construcción amplíanse de forma considerable polo que unha fabulosa opción sería optar polo cicloturismo para realizar este tramo. Situarémonos na Estrada de Cedeira AC-566 nas inmediacións da parroquia de Castro atópase o Pazo de Nelle, a Casona de verán dos Pita Romero e o Pazo Libunca. Especial mención merece o terceiro por ser un dos edificios máis emblemáticos da cidade, esta construcción de estilo modernista destaca pola sua orixinalidade da sua decoración con cerámica levantina e os seus enreixados de ferro. O seu pórtico loce columnas neoclásicas e o seu encanto non só reside na beleza do seu estilo arquitectónico se non que ademáis se ve rodeado dun paraíso de cores nos seus xardíns, árbores centenarios, estanques e fontes completan o conxunto. Este pazo hoxe convertido en hotel de catro estrelas foi construido polos Montenegro no ano 1918.

Para a próxima parada deberemos situarnos na Estrada C-546, Ferrol-Valdoviño por Meirás, á altura do noso paso pola parroquia do Val atopamos sinalizado o desvía que nos conduce a través dunha pista ao Convento de Baltar, situado a 600 m. aproximadamente. Aínda que reconvertido en convento claretiano en 1914, nos seus inicios este pazo foi construido no século XVI para o goce dos marqueses de Lago-San Sadurniño, cuxos heredeiros donárono aos Misioneiros Claretianos en 1910. En derradeiro lugar e non por iso menos espectacular, de regreso pola Estrada C-646 en dirección a Ferrol, deixando atrás as instalación militares, podemos ver a man esquerda o pazo do Muiño do Vento, chama  a nosa atención o muiño circular dentro dunha construcción amurallada e o palomar. Este interesante edificio conserva a escalinata de pedra xunto cunha chimenea típica.