Narón Turismo

Portal web de información turística sobre o Concello de Narón.

NOTA: Ruta percorrida persoalmente o 11/07/2010

icono pdfDescarga (226KB)

mapa da ruta

Saímos do colexio de Piñeiros, polo sendeiro que pasa ó seu lado e por detrás, ata chegar a unha pista asfaltada. Xiramos á esquerda. Uns metros máis adiante,vemos un fito do camiño a Teixido. Deixamos a pista asfaltada e seguimos polo camiño empedrado que descende á esquerda cara a ría de Xuvia.

Chegamos ao Muiño de As Aceñas, que data do século XVIII, o cal se servía das mareas pra moer ol grao. Actualmente, este muiño foi expropiado por Costas  e atópase en proxecto de restauración polo Concello de Narón.

Continuamos o camiño ata chegar á estrada que da acceso á autoestrada AP-9. Continuamos pola súa marxe polo Paseo Marítimo da Ría de Xuvia,.Este paseo porla ribeira levaranos, ao longo de casi uns 3Km ata a Ponte dos  Andrade, que une as localidades de Narón e Neda.

Cruzamos a estrada para continuar, á esquerda do Muiño de Xuvia, adentrándonos na natureza.
Saíndo do muiño de Xuvia, despois de observar esta fantástica construcción (hoxe en proxecto de restauración), e os magnolios centenarios, iniciamos o percorrido pola marxe naronesa do río. É un camiño ancho e ben conservado que logo se estreita ata convertirse nun sendeiro de pescadores. Casi todo o traxecto comprobado pode facerse con nenos (+- a partires de 8 anos), aínda que é convinte levar un calzado axeitado porque haberá que pasar por algunha pequena zona embarrada, sobre todo si chovéu esos días, e hai que protexer ben as articulacións dos pés, xa que en moitas zonas, as raíces das árbores atravesan os sendeiros e si non se leva un calzado axietado, é fácil torcer un nocello.

A 1,44Km, chegamos á Presa do Rei, construída entre 1791 e 1975 polo rei Alfonso XIII para mover a maquinaria da Real Fábrica de Moeda de Xuvia.

Uns 600 metros máis adiante, hai que subir á pista asfaltada. Uns metros despois, hai un paso sobre unha canle de auga, que nos permite continuar pola marxe do río. Por esta zona a herba está máis alta, pero pódese camiñar sin demasiada dificultade.

A 6Km 55mtr do punto de partida, chegamos ás ruínas da piscifactoria, hoxe unha instalación abandoada.

Aproximadamente 1Km máis adiante, podemos observar as "pesquerías", datadas alomenos na Idade Media. Trátase dunha serie de pedras estratéxicamente situadas no cauce do río para facilitala pesca.

Uns metros máis adiante, chegamos á área de As Cerdeiras, coa ponte e o muiño de Gradaille. É de destacar o aproveitamento que se fai do río represándoo na Presa da Retorta.
Ollo: xunto ao muiño de Gradaille a vexetación do sendeiro está un pouco alta (aprox 80 cms) e hai un punto onde o sendeiro se estreita bastante polo efecto das crecidas do río.

Continuamos camiño pola marxe do río, ata chegar a unha pista asfaltada de acceso a unha vivienda. Cruzamola pista para continuar polo sendeiro.
Ollo: eiquí hai un tramo no que a vexetación (principalmente herbas) é bastante densa e por zonas alta, o que pode dificultar un pouco a visibilidade do sendeiro.

A 1Km 56 mtrs aproximadamente (2,98Km dende a piscifactoría), chegamos ao Muiño de Enteríos, chamado así pola súa ubicación na confluencia dos ríos Castro e Xuvia. O entorno está moi ben conservado e conta cunhas mesas e bancos de pedra onde poder descansar un pouco, aínda que o punto final está xa moi preto.

Uns metros máis adiante, chegamos ao Muiño de Chao, ou Muiño de Pedroso, totalmente restaurado e coa maquinaria operativa. Conta cunha importante área de descanso, con mesas e bancos de madeira, xogos para os nenos, e unha zona de camping con cabañas de madeira.

Aquí podemos aproveitar para xantar. O área recreativa de Pedroso conta ademáis con cafetería.