Narón Turismo

Portal web de información turística sobre o Concello de Narón.

descargar ruta

mapa da ruta

A ruta do camino vello a Teixido xorde da peregrinación a San Andrés. Conta a lenda que Xesucristo na sua viaxe o redor do mundo, fixo una parada de lecer en Teixido, alí encontrou a San Andrés desconsolado pola sua soidade nunha paraxe tan fermosa que ninguén visitaba. Xesús, conmovido ao coñecer a sua situación, prometeu ao Santo que quen non o visitase en vida, faríao despois de morto como condición para entrar no ceo. Motivo polo cal teremos moito coidado de non pisar pequenos bichiños, pois di a lenda, poderían ser almas que non visitaron o Santuario en vida, cumprindo así a promesa de Xesús. Aínda que existen innumerables versións da historia, dela nace a coñecida frase “A San Andrés de Teixido, vai de morto quen non foi de vivo”. Unha vez no santuario, a tradición dos romeiros consistía en beber dos tres caños da fonte do Santo tras pedir un desexo, para que éste se cumprise, pero hoxe un cartel advirte que se trata de auga non potable.

Aproximadamente 42 Km. suman o total do camino, pero son 13 os que conforman o percorrido entre os límites do Concello de Narón e nos que nos centraremos nesta rota. Partimos do Monasterio de San Martiño de Xuvia no lugar do Couto para dirixirnos ao Outeiro do Castro de Petouzal todo arbolado, baixaremos ao Muiño de As Aceas para decontado cruzar a Estrada de Castela dirección O Feal por onde pasaremos preto do Castro de Sequeiros. A rota lévanos a Pena de Embade. Seguiremos por A Carreira de Arriba nos límites entre Narón e o Concello de Valdoviño. De camiño ao Monte Esperón encontramos a rota etnográfica do Concello de Narón e no punto máis alto, o mirador o cal nos ofrece unha magnífica panorámica do Val de Trasancos.

Uns hitos de madeira cun característico grabado dun peixe de cor vermella vannos indicando a dirección do camiño durante todo o percorrido.