Narón Turismo

Portal web de información turística sobre o Concello de Narón.

descargar ruta

ruta da costa

Esta ruta combina as paisaxes da natureza máis escarpada nos seus pronunciados acantilados e a tranquilidade do Val de Trasancos cara o interior, ideal para os amantes da fotografía.

O punto de partida situarémolo no Convento de Baltar, na parroquia do Val. Dende onde nos dirixiremos á Pena Molexa, singular penedo colocado enriba de enormes pedras a cerca do cal conta unha lenda, trátase dunha fermosa fada convertida en pena consecuencia dun poderoso feitizo. Durante a noite de solsticio de verán o encantamento desfaise e a pena torna ser fada, para liberarse do seu mal, quen a contemple terá que escoller entre ela ou os fabulosos tesouros que ela ofrece, pero a avaricia das xentes impide que o encantamento se desfaga e a pena atrapa de novo a fermosa fada.

Subiremos a Vilasuso, antigo castro que conserva o foso e os muros defensivos típicos das aldeas castrexas. Decontado encontramos Pena Lopesa onde observaremos o acantilado da praia Lopesa.
Continuaremos ata o Campo de Avial para iniciar o descenso ás praias de Casal e Hortiña, pequeñas calas con moito encanto. Resulta compricado o seu acceso ata para os máis aventureiros, quedando éstas desafortunadamente cubertas pola pleamar. Pero dende o alto do acantilado gozaremos dunha impresionante panorámica.

Baixamos, e a poucos metros, encontrámonos no Monte de Vilarquinte, de novo impresionante mirador para gozar das vistas, alí atopamos un punto geodésico, ruinas de dependencias militares olvidadas e resquicios dunha aldea abandoada.