Narón Turismo

Portal web de información turística sobre o Concello de Narón.

Camiños milenarios dos Santos de dos Barcos de pedra

PROXECTO DE ESTUDIO, DA PARROQUIA DE O VAL, NARÓN, E DO CAMIÑO DE XUVIA Á SAN ANDRÉS

Con este proxecto preténdese converter a parroquia: SANTA MARÍA MAIOR DE O VAL, NARÓN, nun centro de interpretación comarcal, onde se pretenderán explotar e canalizar os recursos tanto culturais como naturais relacionado co camiño de San Andrés de Teixido e a Costa Ártabra e con capacidade para visitas dun dia
Este proxecto pretenderá realizar una viaxe no tempo para o coñecemento da historia e da recuperación do patrimonio inmaterial e material da zona
Preténdese con este proxecto interpretar pero sen danar o medio rural, axudado polas novas tecnoloxías e por asociacións cooperativas locais.

Realizáronse numerosos estudios iniciais para verificar este proxecto mediante a creación dunha atracción turística única, promovéndoa unha imaxe tanto comarcal coma internacional, tendo sempre en conta a información, sensibilización e sostenibilidade.

Crearase unha Empresa mixta de Promoción turística e creación de paquetes turísticos a todos os niveis dende locais ata internacionáis debido a solicitude de produtos Celtas.

Para que este proxecto sexa fiable están en proceso de estudio os temas do mesmo , en relación a todo o que engloba a información, o persoal, infraextructuras, etc.

Tamén a creación de novos empregos e oportunidades laborais mediante a formación de guías turísticos comarcais, de monitores deportivos, e de animadores turísticos, coa consecuente mellora para os aloxamentos da zona, ante a crisis que estamos a vivir.

O proxecto pretende dar a coñecer e valorizar os produtos mais significativos da zona como poden ser: produtos agrícolas e mariños, de elevada calidade e interese, percebes, rodaballo, pementos do Couto, ostras de Lóngaras, ameixa das Pias e a comercialización destes mediante unas estratexias de diferenciación.

O proxecto de duración anual consta inicialmente de catro fases trimestrais, máis depende da concreción definitiva dos obxectivos a levar a cabo pola Fundación logo das conversas cos diferentes responsables políticos e técnicos, e constará de dous itinerarios:

1 ITINERARIO Nº I "A TERRA"

Nesta parte realizarase un estudo integral do itinerario dende o monte da Lagoa ata a Capela de Santa Margarida.

2 ITINERARIO Nº II "O MAR"

Estudo do itinerario dende o monte da Lagoa ata o Pazo de Baltar e as Mámoas que separan Narón de Valdoviño.