Español   English 
Séguenos nas redes: Seguenos no Facebook  Seguenos no Twitter  Siguenos no YouTube  Seguenos no Tuenti    |   Rueiro de Narón  Folletos de Narón  O tempo en Narón 

Mosteiro do Couto

 ábsides mosteiro do couto

Descargar tríptico informativo
O mosteiro de San Martiño de Xuvia, popularmente coñecido como "do Couto" é o monumento máis representativo de Narón.

Foi mandado construir po-lo Conde de Traba no século XII, sobre os restos do templo orixinal, anterior ó século X, probablemente do século IX. Seu pórtico e a torre da fachada son posteriores ó século XVIII.

Alcanza o seu máximo esplendor da man dos monxes da orde de Cluny, que estableceron aquí un dos seus poucos condados en Galicia, sendo os señores do asentamento ata que o condado foi concedido aos Andrade por Enrique II. Este mosteiro chegou a ser un dos principais da Península Ibérica.

Del consérvase a igrexa románica, datada nos séculos XII-XIII,  actualmente en obras de arranxo e conservación.
O templo románico ten planta basilical de tres naves rematadas nos seus respectivos ábsides de planta semicircular. A nave principal está separada das laterais por grandes alicerces de columnas con capilteis esculpidos, sobre os de descansan arcos de medio punto.

Unhas obras de restauración levadas a cabo fai algo máis dunha trintena decubríu varios sartegos medievais. Destes sartegos só queda o do cabaleiro Rodrigo Esquío, de finais do século XV.
A San Martiño de Xuvia viñan retirarse fillos de reis e personaxes da alta nobreza.

No interior da igrexa pode contemplarse unha colección de máis de cincuenta capiteis e canecillos, con figuras vexetais, monstros e alegorías ao inframundo, de estilo compostelán.

mosteiro do couto

entrada mosteiro do Couto

Horario de visitas:

Martes, Xoves e Sábados:

de 16:00 a 18:00 h

Pódese visitar o exterior, a sacristía e a igrexa

campanario mosteiro do couto

capitel mosteiro do couto