Narón Turismo

Portal de información turística do Concello de Narón.

En Narón atoparás unha conxunción entre o rural e o urbano, a natureza e a industria, as tradicións e a modernidade.
O rápido crecemento poboacional, parello ao desenrolo urbanístico, vai sempre acompañado pola dotación de zonas verdes e áreas de esparcemento como parques infantís ou parques biosaludables.

Estase traballando na recuperación etnográfica coa restauración de varios muiños de río, nun proxecto que contempla a creación de espazos museísticos.

Narón conta tamén con grandes recursos históricos e patrimoniais, como o Mosteiro de O Couto, o convento de Baltar, a igrexa de Sta Rita, o Pazo Libunca, a Casa da Cultura... Restos arqueolóxicos como os castros, e recantos naturáis como o río Xuvia e a costa atlántica.

Estas son as nosas recomendacións para coñecer Narón: