Que ver
En Narón atoparás unha conxunción entre o rural e o urbano, a natureza e a industria, as tradicións e a modernidade.
O rápido crecemento poboacional, parello ao desenrolo urbanístico, vai sempre acompañado pola dotación de zonas verdes e áreas de esparcemento como parques infantís ou parques biosaludables.
Estase traballando na recuperación etnográfica coa restauración de varios muiños de río, nun proxecto que contempla a creación de espazos museísticos.
Narón conta tamén con grandes recursos históricos e patrimoniais, como o Mosteiro de O Couto, o convento de Baltar, a igrexa de Sta Rita, o Pazo Libunca, a Casa da Cultura... Restos arqueolóxicos como os castros, e recantos naturáis como o río Xuvia e a costa atlántica.
Estas son as nosas recomendacións para coñecer Narón:
- Rutas en bici: 5 propostas de rutas, con mapas, puntos GPS e vídeos explicativos.
- Ruta de sendeirismo pola costa atlántica
- Ruta de sendeirismo pola beira do río Xuvia
- Ruta de sendeirismo polo camiño vello a San Andrés de Teixido
- Ruta dos territorios celtas
- Ruta relixiosa
- Ruta dos pazos e as casonas
- Mosteiro do Couto






