Narón Turismo

Portal de información turística do Concello de Narón.

VI concurso de fotografia


Galego > Novas > VI concurso de fotografia

 O Concello repartirá un total de 1.200 euros en premios. A edil naronesa explicou que as fotografías a presentar poden remontarse ata setembro do ano pasado e deberán estar relacionadas coa fotografía deportiva ou de promoción do exercicio físico relacionada co Concello, non limitándose exclusivamente os temas á competición.

A concelleira de Turismo, Natalia Hermida, anunciou hoxe unha nova convocatoria, a sexta, do Concurso Fotográfico “Cidade de Narón”. As persoas interesadas en participar deberán entregar as súas imaxes –cun pseudónimo- no rexistro do Concello ou no quinto andar, entre as 08.30 e as 13.30 horas e desde o 3 ata o 17 de novembro. O Concello repartirá un total de 1.200 euros en premios. A edil naronesa explicou que as fotografías a presentar poden remontarse ata setembro do ano pasado e deberán estar relacionadas coa fotografía deportiva ou de promoción do exercicio físico relacionada co Concello, non limitándose exclusivamente os temas á competición.
Nas fotografías debe recoñecerse con claridade a presenza do Concello, a través de instalacións, exteriores, equipación, logotipos ou escudos do Concello de Narón ou Cidade de Narón, tal e como se especifica nas bases do certame. Poderanse presentar ata un máximo de tres imaxes por persoa, en cor ou en branco e negro, cunha resolución mínima de 1024x768 píxels e en formato JPG, TIFF ou PNG. O soporte deberá ser obligatoriamente dixital e cada unha debe levar un título como nome de arquivo.
    O autor da fotografía que obteña o primeiro premio recibirá 750 euros; o segundo galardón será de 300 euros e o terceiro de 150. As persoas interesadas en participar poden consultar as bases completas deste concurso na páxina web da Concellería de Turismo –www.turnaron.es- ou na do Concello –www.naron.es- e tamén poden chamar ao número de teléfono 981 33 77 00 (ext.1517). O fallo do xurado farase público unha vez transcurran trinta días naturais desde o inicio do prazo de presentación das fotografías.   
    A concelleira de Turismo, Natalia Hermida, destacou o éxito que ano tras ano ten esta convocatoria, recordando que cada unha delas se reserva a un tema diferente. A edil anima a todos os interesados a participar nesta iniciativa, “coa que pretendemos difundir unha das áreas da política municipal, nesta ocasión a deportiva, un campo no que Narón ten unha gran diversidade tanto de instalacións como de usuarios das mesmas”.

 

Entrega de Premios do Concurso de Fotografía:

entrega premiosA naronesa Paula María Viñas Cortizas gaña o primeiro premio do “VI Concurso de fotografía Cidade de Narón”

A concelleira de Turismo, Natalia Hermida, entregou no Concello os premios correspondentes á sexta edición do “Concurso de Fotografía Cidade de Narón”. A naronesa Paula María Viñas Cortizas gañou o certame coa imaxe “Cardumen-1” e recibirá 750 euros en metálico. A edil de Turismo, Natalia Hermida, valorou a calidade dos traballos presentados a este certame, cunha temática, recordou, centrada na promoción do deporte na localidade. En total presentáronse vinte e nove fotografías realizadas por persoas de Narón, Fene, Ferrol, Irixoa e A Coruña.
O segundo premio recaeu en Juan Ángel Quintiá Valencia, de Fene, con “Natureza e benestar durante a carreira ao Castro de Eiravedra” e o terceiro en María Elena Abad Martínez, de Ferrol, coa fotografía “Finish Golf Swing”, dotados con 300 e 150 euros respectivamente.
A concelleira de Turismo, Natalia Hermida, avanzou que a maiores das fotografías premiadas seleccionáronse nove máis das presentadas ao certame –todas pasan a ser propiedade do Consistorio- para ilustrar o calendario de sobremesa do Concello de 2016. En total, explicou a edil, editaranse cincocentros que se repartirán desde o Concello –estarán a disposición da veciñanza no acceso ao Consistorio- a partir da última semana deste ano.

Imaxes Gañadoras