Narón Turismo

Portal de información turística do Concello de Narón.

V Concurso de Fotografía


Galego > Novas > V Concurso de Fotografía

Fotografías que integran o calendario


Fotografías participantes e seleccionadas para o calendario 2015

 

Actualización 22/12/2014: Relación de premiados.

O xurado do V Concurso de Fotografía ‘Concello de Narón’ convocado pola Concellería de Turismo, ven de fallar os premios desta edición do certame.

Unha fotografía do Muiño das Aceñas convírtese nesta ocasión na imaxe gañadora do concurso, seguida por outra fotografía da Rotonda de Freixeiro (onde están representadas tódalas parroquias e barrios de Narón) e en terceiro lugar sitúase unha perspectiva doble (na pantalla do móvil e na imaxe) do Concello de Narón dende a Praza de Galicia.

A relación de premiados é a seguinte:

1º premio (750€): Francisco Javier Rodríguez Fariñas (Narón)
2º premio (300€): José Regueiro (Sarria –Lugo-).
3º premio (150€): Jorge Meis Díaz (Ferrol).

 


Bases do V Concurso de Fotografía “Concello de Narón”

Obxectivo:

O tema do concurso de fotografía será mostrar a riqueza de Narón, tanto en patrimonio monumental e arqueolóxico como en espazos naturais de interese, de lecer, culturais, tecnolóxicos ou festas populares. É obrigatorio que o lugar ou entorno sexa do Concello de Narón e como tal sexa recoñecible.

Prazo do concurso:

O concurso dará comezo o día 01/12/2014 e finalizará ás 13:30 h do 15/12/2014.

Normas:

Cada participante poderá mandar un máximo de 3 fotografías. As fotografías deberán ser inéditas, en B/N ou en color, admitiranse retoques pero non montaxes nin superposicións. Non poderán ser manipuladas por programas de tratamento de imaxe nin ter sido seleccionadas, premiadas ou presentadas en calquera outro certame ou concurso. Os participantes responsabilizaranse da súa autoría e orixinalidade, así como dos seus contidos que non poderán ser ilícitos, ofensivos ou discriminatorios, nin lesionar bens ou dereitos, incluídos dereitos de imaxe de terceiros.
A organización do concurso resérvase o dereito a declarar deserto o premio no caso de que considere que o número de participantes ou a calidade dos traballos presentados non alcancen uns mínimos aceptables.
Soamente as fotografías premiadas pasarán a ser propiedade do Concello de Narón. Os autores das fotografías deberán solicitarlle permiso ao concello no caso de utilización destas.
O resto das fotografías presentadas, poderán ser utilizadas polo concello como considere oportuno, sempre e cando sexan para uso propio do concello.
Todas as fotografías poderán ser cedidas por parte do concello a empresas, organismos ou entidades facendo constar sempre a procedencia de dito material e o seu autor, non podendo o Concello de Narón cobrar por dita cesión.
O material non poderá levar logo nin anagrama do autor.

Participantes e inscrición:

A inscrición é de balde e poderán participar tanto fotógrafos afeccionados como profesionais maiores de idade.
Quedan excluídos os membros do xurado, os seus cónxuxes e parentes en primeiro e segundo grado de consanguinidade ou afinidade.
Requisitos das fotografías:
As fotografías deberán ter unha resolución mínima de 1024 x 768 px., e os formatos admitidos serán JPG, TIFF e PNG.

Forma de presentación:

-    Nun sobre cerrado se incluirán os seguintes datos: nome do participante, DNI, dirección, teléfono de contacto e escribirase o nome de cada unha das fotografías presentadas xunto con unha breve descrición do lugar onde foron tomadas cada unha das fotos.
-    No exterior do sobre figurará un pseudónimo cun máximo de 10 carácteres.
-    Xunto co sobre dos datos persoais, as fotografías entregaranse nun CD etiquetado co pseudónimo. Cada unha das fotografías nomearanse como: pseudónimo X, sendo X o número de fotografía que se presenta.

Lugar de presentación:

No rexistro xeral do concello (Praza de Galicia, s/n).
Para calquera dúbida sobre as bases do concurso pódese chamar ao teléfono 981 33 77 00 (extensión 1517) ou na conta de correo electrónico a(dot)fernandez(at)naron(dot)es

Xurado e premios:

O xurado estará formado por:
-    Kiko Delgado, fotógrafo profesional de “El Correo Gallego”.
-    José Pardo, fotógrafo profesional de “La Voz de Galicia”.
-    Jesús García Taboada, propietario do estudio F64 Fotógrafos en Narón
-    María Luaces, responsable de Prensa do Concello de Narón.
-    María Porto, Concelleira de Turismo do Concello de Narón
O xurado seleccionará de entre todas as fotografías recibidas, as tres de maior calidade. Os premios non son acumulables polo que a cada autor soamente se lle poderá premiar unha das fotografías presentadas ao concurso.
Os autores das fotos gañadoras obterán:

  • 1º premio: 750 €
  • 2º premio: 300 €
  • 3º premio: 150 €

Unha vez rematado o prazo do concurso, as fotografías enviadas estarán expostas na páxina web de Turismo do Concello de Narón www.turnaron.es 

O fallo do xurado darase a coñecer a través da prensa e da páxina web do concello. A data, lugar e hora de entrega de premios será publicada na web do Concello de Narón e notificada persoalmente aos gañadores. No caso de que algún concursante premiado non puidera desprazarse a recoller o mesmo, entregaráselle na forma acordada por ambas partes.

A participación no concurso supón a aceptación das presentes condicións, así como das decisións que puidera adoptar o Concello de Narón a efectos de interpretación ou resolución de cuestións non recollidas nelas.”