Narón Turismo

Portal web de información turística sobre o Concello de Narón.

I I CONCURSO DE FOTOGRAFÍA “PARROQUIA DO VAL”

Obxectivo:

O tema do concurso de fotografía será mostrar a riqueza do Val, no concello de Narón, tanto en patrimonio monumental e arqueolóxico como en espazos naturais de interese, de lecer, culturais ou festas populares. Valorarase que sexa un lugar recoñecible.

Prazo de presentación:

Terá unha duración de 20 días. Comezará o día 28/05/2014 e finalizará ás 13:30 h do 16/06/2014.

Normas:

Cada participante poderá mandar un máximo de 3 fotografías. As fotografías deberán ser inéditas, en B/N ou en color, admitiranse retoques pero non montaxes nin superposicións. Non poderán ser manipuladas por programas de tratamento de imaxe nin ter sido seleccionadas ou premiadas en calquera outro certame ou concurso. Os participantes responsabilizaranse da súa autoría e orixinalidade, así como dos seus contidos que non poderán ser ilícitos, ofensivos ou discriminatorios, nin lesionar bens ou dereitos, incluídos dereitos de imaxe de terceiros.
A organización do concurso resérvase o dereito a declarar deserto o premio se é o caso de que considere que o número de participantes ou a calidade dos traballos presentados non alcancen uns mínimos aceptables.
Soamente as fotografías premiadas pasarán a ser propiedade da Asociación de Veciños Do Val.

O resto das fotografías presentadas poderá ser utilizado pola asociación como considere oportuno, sempre e cando sexan para uso propio da asociación.
En caso de cesión por parte da asociación de algunhas das fotografías a unha empresa ou organismo, farase constar sempre a procedencia de dito material e o seu autor, non podendo cobrar por dita cesión.
O material non poderá levar logotipo nin anagrama do autor.

Participantes e inscrición:

A participación é de balde, non é necesaria inscrición previa e poderán participar tanto fotógrafos afeccionados como profesionais maiores de idade.
Quedan excluídos os membros do xurado, os seus cónxuxes e parentes en primeiro e segundo grado de consanguineidade ou afinidade.

Requisitos das fotografías:

As fotografías deberán ter unha resolución mínima de 1024 x 768 px., e os formatos admitidos serán JPG, TIFF e PNG.

Forma de presentación:

Nun sobre pechado incluiránse os seguintes datos: nome do participante, DNI, dirección e teléfono de contacto.
No exterior do sobre figurará un pseudónimo cun máximo de 10 caracteres.
Todas as fotografías nomearanse como: pseudónimo X, sendo X o número de fotografía que se presenta.
Xunto co sobre dos datos persoais, as fotografías entregaranse:

  • nun CD etiquetado co pseudónimo
  • en papel fotográfico (tamaño aproximado 30 x 40 cm). No reverso da fotografía escribirase o pseudónimo e unha breve descrición do lugar onde foi tomada.

Lugar de presentación:

Na Fundación Terra de Trasancos – Cooperativa do Val, lugar de Vilacornelle, s/n, o Val, Narón ( ao lado da Cooperativa )
Para calquera dúbida sobre as bases do concurso pódese chamar ao teléfono 676 141 715 ou na conta de correo electrónico ftt(at)cooperativaoval(dot)com

Xurado e premios:

O xurado estará formado por:
 

  • Kiko Delgado, fotógrafo profesional de “El Correo Gallego”
  • María Isabel Luaces García, responsable de Comunicación do Concello de Narón
  • Andrés López López, presidente da Asociación de Veciños do Val
  • Eugenia Méndez Díaz, Gerente Fundación Terra de Trasancos-Cooperativa do Val
  • María José Rodríguez Porto, Concelleira de Turismo.
  • Guillermo Sánchez Fojo, Concelleiro de Cultura.


O xurado seleccionará de entre todas as fotografías recibidas, as tres de maior calidade. Os premios non son acumulables polo que a cada autor soamente se lle poderá premiar unha das fotografías presentadas ao concurso.

Os autores das fotos gañadoras obterán:

  • 1º premio: 300 €
  • 2º premio: 200 €
  • 3º premio: 100 €


Solo se lles entregará o premio a aqueles concursantes que asistan o día da entrega. Os que non comparezan non se lles entregará o premio
Unha vez rematado o prazo do concurso, as fotografías recibidas estarán expostas na páxina web de turismo do Concello de Narón www.turnaron.es.

A decisión do xurado darase a coñecer a través da prensa e da páxina web do concello. A data, lugar e hora de entrega de premios será publicada na web www.turnaron.es  e notificada persoalmente aos gañadores. Se é o caso de que algún concursante premiado non puidera desprazarse a recoller o premio, entregaráselle na forma acordada por ambas as partes.

A participación no concurso supón a aceptación das presentes condicións, así como das decisións que puideran adoptar as partes organizadoras para os efectos de interpretación ou resolución de cuestións non recollidas nelas.
 

pdf  Descarga as bases en pdf