Narón Turismo

Portal web de información turística sobre o Concello de Narón.

Concurso de fotografía "Naronea na praia"

Naronéate na praiaAtrévete a naronear nas praias. Mándanos unha fotografía feita en calquer praia donde a palabra Naronéate destaque e sexa orixinal. Podes escribila na area en tamaño xigante, podes facela cun montón de area, podedes  facer a silueta da palabra entre tódolos amigos.... usa a imaxinación.

  1. 1.- Mándanos cantas fotos queiras a turismo(at)turnaron(dot)es xunto co teu nome, apelidos e dni antes do día 24 de Agosto. Segundo as vaiamos recibindo as iremos subindo ao facebook de turismo de Narón.
  2. 2.- Nas fotos debe aparecer ben clara a palabra "Naronéate" e debe verse a praia.
  3. 3.- Por cada foto que nos mandes, terás 1 gorra de regalo que poderás recoller entre o 25 e o 30 de Agosto na oficina de turismo. Deberás presentar o DNI.
  4. 4.- Dende o día 25, comenzaremos a contar os "Me Gusta" que reciba cada fotografía no Facebook. Descontaremos os que ya teña de antes.
  5. 5.- O día 29 faremos reconto de votos e emitiremos o noso voto. A foto máis votada terá 3 puntos, a seguinte 2 e a terceira 1. Nos daremos 3 puntos á que nos pareza a mellor segundo orixinalidade, traballo e "cante" que de a palabra Naronéate.
  6. 6.- O gañador recibirá unha Slim HD Video Cámara Polaroid*, que entregaremos o día 31 na oficina de turismo.

Para que o concurso teña validez debe haber alomenos 5 participantes distintos.

 

¿Anímaste a Naronear?

*O agasallo pode ser sustituido por outro semellante no caso de non haber existencias.