Narón Turismo

Portal web de información turística sobre o Concello de Narón.

gymkana

 

Características:

 

  • - Dirixida a tódalas idades
  • - Participación: equipos familiares de alomenos 2 membros, debendo ser necesariamente un deles o pai ou a nai. Cantos máis familiares participen no equipo, máis posibilidades de gañar.
  • - É necesario inscribirse previamente. A inscripción é gratuita. Máximo 6 equipos.
  • - Premios: 1 ebook para o primeiro clasificado, 1 reproductor mp4 para o segundo clasificado e outro para o terceiro clasificado.

 

¿Cómo se participa?

 

Os equipos terán que completar o percorrido por un mapa con varios puntos de interese turístico de Narón. Hai que presentarse no punto de partida o día e á hora establecida, onde a cada equipo se lle entregará un sobre coa pista para chegar ao primeiro punto, onde recibirán outro sobre coa pista correspondente ao segundo punto. E así ata chegar á meta.

O percorrido entre puntos pode facerse a pe, en bici, en coche... pero a entrada en cada punto debe facerse a pe e por tódolos membros do equipo que tomaron a saída.

En función da orde de chagada ao punto de interese turístico, irase facendo unha clasificación que publicaremos nesta páxina.

A clasificación final quedará establecida polas ordes de chegada resultando vencedor o equipo que chegue en primeiro lugar á meta.

A gymkana familiar está prevista para o día 21 de xullo, ás 11:00h no punto de saída, que será publicado nesta páxina o xoves anterior. 

foto de familia