Narón Turismo

Portal de información turística do Concello de Narón.

O programa de dinamización turística organizado pola Concellería de Turismo do Concello de Narón, ten por obxectivo potenciar e divulgar os recursos turísticos da nosa cidade facendo partícipes aos propios veciños.

Por medio de actividades de turismo activo, xogos e animación, esta primeira campaña comprende as seguintes accións:

 

Biciquedadas.

Descubre Narón en bicicleta, cos amigos ou a familia, e disfruta dunha actividade sana, sanudable e sociable.

Consiste en descubir un recurso turístico concreto de Narón e presentarse en bicicleta nese punto e á hora fixada. Os 50 primeiros participantes que cheguen ao punto terán un agasallo.

Para identificar o punto, publicarase unha fotografía ou unha pista tanto nesta web coma na páxina de Turismo de Narón no facebook.

 

 

Gymkana familiar.

Participar en familia de actividades ao aire libre reforza os lazos familiares. Con esta actividade, ademáis, coñecerás mellor a túa cidade.

É necesario inscribirse previamente.

Os equipos tenrán que completar un percorrido por un mapa con varios puntos de interese turístico de Narón.

Hai que presentarse no punto de partida o día á hora fixados, onde a cada equipo se lle entregará un sobre coa pista para chegar ao primeiro punto, e unha vez alí recibirán outro sobre coa pista correspondiente ao segundo punto. E así ata chegar á meta.

O percorrido entre puntos pode facerse a pé, en bicicleta, en coche... pero a entrada en cada punto debe facerse a pé por tódolos membros do equipo que tomaron a saída.


En función da orde de chegada a cada punto de interese turístico irase facendo unha clasificación que publicaremos nesta páxina.
A clasificación final quedará establecida pola orde de chegada, resultando vencedor ol equipo que chegue en primeiro lugar á meta.

Haberá 1 premio para cada un dos tres primerios clasificados.

 

 

Flashmob.

Divírtete cos teus amigos e fai que os veciños participen da vosa diversión.

É necesario inscribirse previamente.

Tedes que formar un equipo e ensaiar unha coreografía. En función do número de equipos inscritos, sortearemos as ubicacións de cada flashmob. O reto consiste en implicar a canta máis xente e en facer unha coreografía visualmente atractiva e sorprendente.

Haberá premio para o equipo gañador e outro para o flashmob máis votado na web + no facebook + no youtube de turismo de Narón.