Narón Turismo

Portal web de información turística sobre o Concello de Narón.

As noites de Narón


Galego > Lecer > As noites de Narón

As noites de Narón son sinónimo de diversión. Unha diversión que comeza xa a media tarde, cando prácticamente todas as cafeterías, terrazas e pubs abren as súas portas.

As principais zonas de copas e discotecas son A Gándara, a estrada de Castela, e a estrada de Cedeira, ainda que esta última con menos locais que as outras dúas.

Na Gándara, nas proximidades do centro comercial e de lecer Odeón, foron abrindo últimamente numerosas cafeterías, pubs e discotecas. Ademais do foco de atracción que representa o centro de lecer e as grandes superficies próximas, un dos factores que máis influíu no auxe destes establecementos é a facilidade de aparcamento.

A estrada de Castela, especialmente dende o Alto do Castaño ata Xuvia, presenta unha grande oferta de lecer nocturno, con disco-bares, discotecas e cafeterías, e varias terrazas.
En horas punta é un pouco complicado atopar aparcamento debido á gran afluenza de público.
Na actualidade, é a zona de moda.