Areas recreativas
Narón conta con varias áreas recreativas para disfrutar da natureza.
A Area Recreativa de Pedroso conserva un muiño de río totalmente restaurado e en funcionamento. Dispón de zona de acampada, merendeiro á beira do río, bongalows ....
O parque temático Aldea Nova é un parque da natureza e cultura autótona de Galicia. Ofrece campamentos de verán, rutas temáticas... e conta con albergue e unha campa de enerxías renovables. na actualidade estase a construir un planetario.
Narón conta ademáis cun clube de golf excelentemente equipado, o clube de golf CampoMar, que ofrece cursos e dispón de equipos para aluguer.
Outras zonas de ocio son os numerosos parques repartidos pola cidade. Unha decena deles son parques biosaludables, equipados con xogos para realizar ximnasia de mantemento, exercitando as diferentes partes do corpo con elementos específicos para a Terceira Idade.












