Narón Turismo

Portal de información turística do Concello de Narón.

Como chegar


Galego > Como chegar

autopista a Narón

 

O Concello de Narón está na provincia de A Coruña.

As principais vías de acceso son as seguintes:

Por terra:

Por estrada: é o principal acceso a Narón. Na actualidade a autoestrada AP-9 Ferrol-Narón-Madrid ten enlaces cos núcleos urbanos de Freixeiro, A Gándara e O Ponto (Xuvia), e co Polígono Industrial Río do Pozo a través de vías de alta capacidade. Estes ramais da autoestrada conectan tamén aos núcleos urbanos entre si. A autovía A-64, Ferrol-As Pontes-Vilalba, posúe tres accesos no termo municipal en Sedes, Castro e o Polígono Industrial Río do Pozo.
A estas hai que engadir unha extensa rede de estradas como a Estrada de Castela que nos seus seis quilómetros e medio atravesa o núcleo urbano do Concello ata chegar a Ferrol e as estradas autonómicas Ferrol-Cedeira e Ferrol-Ribadeo.

Dende a capital da provincia (A Coruña), tárdase uns trinta minutos en chegar a Narón por autoestrada.

Por tren: o ferrocarril Ferrol-Xixón, de FEVE, é unha boa alternativa ao transporte por estrada, sobre todo no referente ás viaxes de proximidades, xa que os oito apeadeiros existentes no concello achegan as áreas rurais á zona urbana.
Tamén e posible chegar no ferrocarril de RENFE ata o concello de Ferrol, limítrofe de Narón, e dende alí achegarse no tren de FEVE ou por estrada.

Por mar:

Tanto o porto de Ferrol (concello limítrofe) como o de A Coruña permiten o atraque de cruceiros turísticos e embarcacións de recreo, disfrutando das fermosas vistas da ría de Ferrol.

Por aire:

A proximidade dos aeroportos de A Coruña e de Santiago de Compostela, comunicados a Narón por autoestrada, permiten achegarse a aqueles que viaxen desde lonxe.

 


Ver mapa mais grande